Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A_Banda_da_Loba

A BANDA DA LOBA - O CORA

Imaxe
 o 16 d exaneiro sae este novo tema das nosas cantoras preferidas A Banda da Loba Pego da súa canle de youtube a descrición e a letra: ""O cora" é unha canción creada para a peza documental "A rebelión da lectura", que versa sobre a historia de Espazo Lectura, unha asociación ubicada en Gondomar que traballa polo fomento e a animación á lectura en lingua galega e que fai un traballo de dinamización realmente incrible e único en Galiza. Convidámosvos a coñecela máis de preto, non perdades o documental.  Para nós, que sabedes somos grandes amantes da nosa literatura, foi un verdadeiro goce crear esta historia do revés ;) Letra e música: A banda da Loba Gravación e masterización: Arturo Vaquero Produción: A banda da Loba e Arturo Vaquero Letra:  Era unha vez unha historia do revés. Era unha vez unha historia con mil pés. O bote salvavidas, a illa á que chegar, a máquina dun tempo sen final. A lectura é rebelión: alí onde se atopan a razón e o corazón. Era unha v...

LUÍSA VILLALTA E A MÚSICA

Imaxe
  Aquí imos deixar algúnhas versións musicadas de poemas de Luísa Villalta, e nunca mellor que desta volta estivo tan unida a poesía e a música, se é que poden estar separadas nalgunha ocasión. O MAR - A BANDA DA LOBA Letra da canción   Letra do poema Tinta do mar, escrebo, cando toca as escumas da letra e o seu son obstinado de baixo contra a roca da man a producí-lo en percusión   Oh, oh, oh...   Rítmico, o pensamento, o son leve cai goteando o tempo ao muíño teimoso que recebe a água azul-negra da memória quente.   E o mar, e o mar, borra o nome escrito o mar.   Oh, oh, oh.... Tinta do mar, escrebo, cando toca as escumas da letra e o seu son obstinado de baixo contra a roca da man a producí-lo en percusión.   Rítmico, o pensamento, o son mais leve cai goteando o tempo reincidente ao muíño teimoso que recebe ...