Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta música_actual

A música dos novos

Imaxe
 Sen dúbida hoxe as redes sociais son as que miden o pulso dos artistas máis coñecidos ou con máis segudores do momento. Hai unha chea de xente nova que está facendo música en galego e con moitos seguidores incluso fóra de Galicia. Parece que o fenómeno que iniciaron artistas coma as Tamxugueiras se consolida con novas voces. Aí vai unha mostra dalgúns deles: LG1DO, Guzmen - Darche 9Louro, Yuly - Os Meus Males [NOVE NOVES] 9Louro, Yuly - Os Meus Males The Rapants - Viaxei The Rapants - Blaster W4u The Rapants: Non sei como GRANDE AMORE. Esta pena que a veces teño ORTIGA - AS MOCIÑAS ORTIGA. 5a Dimensión Fillas de Cassandra & Galician Army - Tataravoa (Kike Varela & New Beat Order Remix) Galician Army, Fillas de Cassandra - ANTÍGONA (I) [Visualizer] Añobres - Alana (Videoclip Oficial) QUE ME LEVEN PRESO - CAPITÁN SABROSURA (videoclip oficial)

POESÍA E MÚSICA

Imaxe
  Comezamos un novo curso. Seguro que haberá moitos cambios porque xa sodes un ano maiores!! Pero no blog de música do EDLG Lagoa de Antela seguimos apostando por poñerlle ritmo aos vosos días. Desde o blog As Chaves da Lingua fannos unha nova proposta de poemas galegos de Rosalía, Curros, Luísa Villalta entre outros, aos que lles puxeron música distintos artistas galegos. Na ligazón poderedes ver se hai novidades do voso agrado. PREME PARA ESCOITAR

KID MOUNT

Imaxe
 Un artista novo e da Limia para pechar un curso cheo de música. Un valor polo que aposta a Arca da Noe para que os rapaces poidan pasar un anaco distendido con música actual.