Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2023

OCEANOE

Imaxe
Este curso temos a marabillosa sorte de ter a Noemí , da Arca da Noe , en Vilar de Santos como docente do noso IES. Entre os moitos e fantásticos traballos que fan como dinamizadoras da nosa cultura, queremos destacar Oceanoe , música para facer unha travesía polo mar de Antela. Aquí un tema dos 19 que podedes atopar no libro-CD, que descubriredes se vos mergullades na súa web.

CANTIGAS MEDIEVAIS MUSICADAS

Imaxe
O alumnado de 3º ESO e 1º Bac vai traballar nesta primeira avaliación as cantigas medievais.  Para motivalos que mellor que escoitar os textos do seu libro na boca de diferentes artistas. Versións tan modernas coma a de Laura LaMontagne &PicoAmperio O libro CD de Cores do Atlántico de Socorro Lira (enteiro) Ou Roi Casal no traballo  Treides comigo (completo) E sempre nos quedará o portal das Cantigas Medievais no que teñen un recunchiño para as cantigas musicadas .

Recompilación Orgullogalego

 Recompilación de música en galego da páxina ORGULLOGALEGO  PREME AQUÍ

Nena Zíngara, Faltriqueira

Esta é a primeira semana deste novo curso e comezamos cun tema con moita enerxía e para seguir bailando como seguro que todos e todas fixestes neste verán en todas esas festas ás que dixestes ir. Bo curso a todo o alumnado e o profesorado Faltriqueira · Nena Zíngara

Música do curso 2022-2023

Imaxe
Nesta publicación do novo blog de música do IES Lagoa de Antela deixamos as recomendacións de música do curso 2022-2023.  A partir de agora a música deixará de ser unha páxina do blog de dinamización para se converter nun blog en si, xa que é máis doado para facer publicacións. Gozade coa nosa música. 20/6/2023 Achégase a noite de San Xohán e son moitos os ritos ligados a esta noite, todos eles purificadores e moitos contra o mal de ollo. Por iso deixo para todos vós este tema da Banda da Loba que leva por título " Cobiza ".  Nesta liña tamén temos o tema de " Figa " das nosas Tanxugueiras Unha aposta máis lúdica e infantil a de Uxía Lambona e a Banda Molona . 23/02/2023 Para escoitar no canto de ler os versos de Rosalía unha escolma de máis de 50 temas de diferentes artistas que se inspiran na nosa escritora para facer a súa música. Disfrutade deste día de rosalía. 16/02/2023 MÚSICA PARA ADOLESCENTES Entramos na fin de semana grande do Entroido na comarca da Limi