Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta curso23-24

MÚSICA NO SAMAÍN

Imaxe
  A semana derradeira antes do Samaín deixamos algunha música que nos acompaña nestes días. A Santa Compaña, RUxe-Ruxe Santa Compaña, Astarot O Lobicán, Ruxe-Ruxe Uxía Lambona e a Banda Molona - O Samaín "Brinca Vai!": No Samaí BICOS DE MÚSICA, MAMÁ CABRA SAMAÍN, JESUS PAREJA SAMAÍN, KÓKITI MÚSICA CONXURO DE SAMAÍN, KÓKITI MÚSICA A BRUXA MARUXA, MARÍA FUMAÇA NOITE DE SAMAÍN, CHUCHES AMIL O MONSTRO ORQUESTRA, CHUCHES AMIL CANCIÓN OS MONSTRIÑOS (SAMAÍN), SANTILLANA EDITORIAL

23 F MÚSICA PARA O DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
Para escoitar no canto de ler os versos de Rosalía unha escolma de máis de 50 temas de diferentes artistas que se inspiran na nosa escritora para facer a súa música. Disfrutade deste día de Rosalía. (Debuxo de Laura Martínez)

NADAL RAP 1º ESO

Este Nadal o alumnado de 1º ESO compuxo os seus vilancicos e cantounos cun ritmo ben urbano. Velaquí o resultado. Audios Velaquí o resultado. Letras Vilancico 1º ESO D Este é o noso Nadal de turrón e mazapán. Ven con nós disfrutar, ven bailar, ven cantar, que ben o pasarás. Tírate pola neve, toma un chocolate ben quente!! Este é o noso Nadal ven á Limia bailar. Coidado coas 12 uvas non te vaias atragoar, non acabes no hospital!! E baila, baila sen parar, que o ano está para gozar!! Este é o noso Nadal ven á Limia bailar. Os Reis están a chegar con Melchor, Gaspar e "Basaltar"!! traen agasallos para dar non te portes mal, ou carbón levarás. Este é o noso Nadal ven á Limia bailar. Vilancico 1º ESO E Coidado co Nadal agora está a chegar esta é a época do amor e da paz. Ollo! Non te deixes enganar, pola mensaxe comercial! Todo o ano a traballar para agora disfrutar do noso Nadal tan especial! Agasallos conseguirás, non te portes mal! a árbore está a rebentar. paisaxes brancas ve...

Música para un Nadal en Galego

Imaxe
Esta canción de Nadal convídanos a todos a querernos un chisco máis e consumir menos. Fantástica a Gramola Gominola coa súa mensaxe.   O rap metal do Nadal  Outras cantas canción para un Nadal en Galego Volver a casa por Nadal - Xabarín e Xababanda O Apalpador - Gramola Gominola     O Apalpador _ Mamá Cabra _ Linguaxe de signos                                      O Apalpador - Brinca Vai E para cociñar en galego no deixes de seguir o blog de Media Laranxa . Ademais de aprender a facer estupendos pratos para estas festas aprenderás como se chaman todos os alimentos en galego. Para saber máis sobre a festa do Nadal en Galicia e as nosas tradicións populares. Cantigas de Nadal

MÚSICA PORTUGUESA PARA O 25M

Imaxe
Van aquí unhas cantas propostas para traballar o tema do 25M com música portuguesa: AGORA SÓ FALTA VOÇÊ , María Rita EH PARA A FRENTE, EH PARA TRAS ; Claudia Pascoal FADO CHICLETE , Claudia Pascoal DONA DE MIN, IZA TRISTE, LOUCA OU MÁ, Francisco. TODXS PUTXS , Ekena SAIA DA CAROLINA ; Carolina Deslandes TESINHA ; Chico Buarque

MÚSICA GALEGA PARA O 25M

Imaxe
  Son moitas as artistas galegas que non deixan de lado esta temática tan importante para as mulleres da nosa sociedade.  A denuncia é unha das vías máis explorada na música actual e aquí vai unha mostra. Lisístrata na voz de Fillas de Cassandra A VECIÑA DO CUARTO , Fillas de Cassandra MORRA O CONTO , A Banda da Loba PEPA , A Banda da Loba Querémonos libres, Cuarta Xusta NON SON FADA NIN PRINCESA , SES POR ELAS , Adhara and Ritman REINA , Tanxugueiras Non teño medo, Sofía Espiñeira

OCEANOE

Imaxe
Este curso temos a marabillosa sorte de ter a Noemí , da Arca da Noe , en Vilar de Santos como docente do noso IES. Entre os moitos e fantásticos traballos que fan como dinamizadoras da nosa cultura, queremos destacar Oceanoe , música para facer unha travesía polo mar de Antela. Aquí un tema dos 19 que podedes atopar no libro-CD, que descubriredes se vos mergullades na súa web.

CANTIGAS MEDIEVAIS MUSICADAS

Imaxe
O alumnado de 3º ESO e 1º Bac vai traballar nesta primeira avaliación as cantigas medievais.  Para motivalos que mellor que escoitar os textos do seu libro na boca de diferentes artistas. Versións tan modernas coma a de Laura LaMontagne &PicoAmperio O libro CD de Cores do Atlántico de Socorro Lira (enteiro) Ou Roi Casal no traballo  Treides comigo (completo) E sempre nos quedará o portal das Cantigas Medievais no que teñen un recunchiño para as cantigas musicadas .

Recompilación Orgullogalego

 Recompilación de música en galego da páxina ORGULLOGALEGO  PREME AQUÍ

Nena Zíngara, Faltriqueira

Esta é a primeira semana deste novo curso e comezamos cun tema con moita enerxía e para seguir bailando como seguro que todos e todas fixestes neste verán en todas esas festas ás que dixestes ir. Bo curso a todo o alumnado e o profesorado Faltriqueira · Nena Zíngara