Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta poesía

POESÍA E MÚSICA

Imaxe
  Comezamos un novo curso. Seguro que haberá moitos cambios porque xa sodes un ano maiores!! Pero no blog de música do EDLG Lagoa de Antela seguimos apostando por poñerlle ritmo aos vosos días. Desde o blog As Chaves da Lingua fannos unha nova proposta de poemas galegos de Rosalía, Curros, Luísa Villalta entre outros, aos que lles puxeron música distintos artistas galegos. Na ligazón poderedes ver se hai novidades do voso agrado. PREME PARA ESCOITAR

LUZ FANDIÑO

Imaxe
 No día do pasamento da poeta e activista Luz Fandiño , compartimos o tema no que a define a cantautora SES. Da canle de youtube de ACORDEIRETA : " Poemas da nosa ben querida Luz Fandiño ("Escolma de poemas", 1950-2010 e "Berro herdado", 2017). Unha muller loitadora, valente, insubmisa e xenerosa que ilumina sempre o noso camiño coa súa sabedoría, memoria sen fin e alma moza. Cada verba súa é unha ensinanza para nós.  Gústanos facer as homenaxes en vida. Viva Luuuuz!!!!"