A BANDA DA LOBA - O CORA

 o 16 d exaneiro sae este novo tema das nosas cantoras preferidas A Banda da Loba


Pego da súa canle de youtube a descrición e a letra:

""O cora" é unha canción creada para a peza documental "A rebelión da lectura", que versa sobre a historia de Espazo Lectura, unha asociación ubicada en Gondomar que traballa polo fomento e a animación á lectura en lingua galega e que fai un traballo de dinamización realmente incrible e único en Galiza. Convidámosvos a coñecela máis de preto, non perdades o documental. 

Para nós, que sabedes somos grandes amantes da nosa literatura, foi un verdadeiro goce crear esta historia do revés ;)

Letra e música: A banda da Loba
Gravación e masterización: Arturo Vaquero
Produción: A banda da Loba e Arturo Vaquero

Letra: 
Era unha vez
unha historia do revés.
Era unha vez
unha historia con mil pés.

O bote salvavidas,
a illa á que chegar,
a máquina dun tempo
sen final.

A lectura é rebelión:
alí onde se atopan
a razón e o corazón.

Era unha vez
unha historia do revés.
Era unha vez
unha historia con mil pés.

A casa que é de libros
non se pode derrubar.
É refuxio, fortaleza
e fogar.

A lectura é rebelión:
alí onde se atopan
a razón e o corazón."

Comentarios

Publicacións populares deste blog

KID MOUNT

POESÍA E MÚSICA