LUÍSA VILLALTA E A MÚSICA

 Aquí imos deixar algúnhas versións musicadas de poemas de Luísa Villalta, e nunca mellor que desta volta estivo tan unida a poesía e a música, se é que poden estar separadas nalgunha ocasión.


O MAR - A BANDA DA LOBA

Letra da canción

 

Letra do poema

Tinta do mar, escrebo, cando toca

as escumas da letra e o seu son

obstinado de baixo contra a roca

da man a producí-lo en percusión

 

Oh, oh, oh...

 

Rítmico, o pensamento, o son leve

cai goteando o tempo

ao muíño teimoso que recebe

a água azul-negra da memória quente.

 

E o mar, e o mar, borra o nome escrito o mar.

 

Oh, oh, oh....

Tinta do mar, escrebo, cando toca

as escumas da letra e o seu son

obstinado de baixo contra a roca

da man a producí-lo en percusión.

 

Rítmico, o pensamento, o son mais leve

cai goteando o tempo reincidente

ao muíño teimoso que recebe

a água azul-negra da memória quente.

 

Así, tinta do mar, e logo nube

a pairar sobre os ciclos deste mundo.

Estrépito é o eco cando sube

da escura palabra en que me fundo.

 

E o mar, interminábel danza, borra

o nome escrito sen que o ritmo morra



CRUEL FILOSOFÍA - A BANDA DA LOBA



Letra da canción: “Cruel Filosofía”

 

Letra do poema: “Palabras ingrávidas”

Danzas no tempo

que aínda é mar.

Danzas no tempo

que aínda é mar

e non chega.

Danzas no tempo

que aínda é mar.

Danzas no tempo,

eu xa dancei tamén

eu xa dancei tamén

eu xa dancei tamén

supondo que regresaba

con cada golpe de luz

con cada golpe de luuuuuuuuuz

 

Cruel filosofía:

florecer nas espiñas

Cruel filosofía: florecer

Cruel filosofía:

florecer nas espiñas,

flor, florecer!

 

Todos os feixes están

Todos os feixes están

sempre por atar

Todos os feixes están

Todos os feixes están

sempre por atar

e o baile non ata

e o baile non ata

e o baile non ata.

 

Cruel filosofía:

florecer nas

espiñas

 

Se é posíbel que as

órbitas

de dous astros remotos

se crucen

Por que desconfiar

da felicidade?

Danzas no tempo

que aínda é mar

e non chega

 

Eu xa dancei tamén

supondo que regresaba

con cada golpe de luz

 

Todos os feixes están

sempre por atar

e o baile non atas

 

Cando coñezas o silencio

de cada onda perdida,

segue danzando.

Abre ben os brazos,

respira cos ollos

e segue danzando.

 

20 janeiro

 

Colapso ou

estiramento,

a eternidade

evita

ter que darlle

un fin concreto

á vida.

 

Cruel filosofía:

florecer nas

espiñas.

 

14 janeiro

 

Se é posíbel que as

órbitas

de dous astros remotos

se crucen

por que desconfiar

da felicidade?

…….



FIESTRAS ABERTAS  -  A BANDA DA LOBA




Letra da canción: “Fiestras abertas”

 

Letra do poema: “Papagaio”

A amizade ten flor que rebenta nas paredes,

sobrevive da podremia mutua

e só precisa das fiestras abertas

onde nace e se deita o sol de dentro.

A amizade só precisa das fiestras abertas.

 

Compartir as cordas de tender a roupa

vibrantes de emoción e de necesidade

por aquelas cousas que a auga da vida non dá lavado,

pola dor que as esfrega, deteriora, volve inúteis

e entón hai que poñelas a secar

ao ar das bocas abertas, xanelas asustadas.

 

A amizade só precisa das fiestras e as bocas abertas,

das cordas de tender,

vibrantes de emoción

e de necesidade.

 

Non é amor no sentido estrito da palabra

senón amor de luz,

esa grande indiferencia que produce estar ao alcance

estar ao alcance

porta con porta, vida con vida,

coas cordas frouxas, destensadas

máis e máis

a medida que a auga do tempo amolece o tecido irreversíbel

destes nosos corpos, o único que somos.

 

A amizade só precisa das fiestras e as bocas abertas,

das cordas de tender frouxas, destensadas vibrantes

(de emoción

e de necesidade).

A amizade ten flor que rebenta nas paredes,

sobrevive da podremia mutua

e só precisa das fiestras abertas

onde nace e se deita o sol de dentro.

Compartir as cordas de tender a roupa

vibrantes de emoción e de necesidade

por aquelas cousas que a auga da vida

non dá lavado, pola dor que as esfrega

deteriora, volve inúteis

e entón hai que poñelas a secar

ao ar das bocas abertas, xanelas asustadas.

Non é amor no sentido estrito da palabra

senón amor de luz, esa grande indiferencia

que produce estar ao alcance

porta con porta, vida con vida,

coas cordas frouxas, destensadas

máis e máis a medida que a auga do tempo

amolece o tecido irreversíbel

destes nosos corpos, o único que somos.



AMOR DISXUNTO 



Letra: Luísa Villalta (poema incluído no “O oco da palabra.II. in Música reservada) Musica: =[ ]= Aparato =[ ]= Video: María Caramés Cantas partes de min van caindo por diante? Quen de min cai detrás de cada verso? Se non veño de min e se, ainda antes de min, tamén son eu que me precedo, Se non veño de min e se, ainda antes de min, tamén son eu que me precedo, quizá o ponto que orixino sexa o mesmo que me impede ser en outro e me proxecto, Se non veño de min e se, ainda antes de min, tamén son eu que me precedo, amor disxunto, en ser desfeito amor disxunto, en ser desfeito. amor disxunto, en ser desfeito.


POESÍA EN SILENCIO

Canción composta co gallo do Día das Letras Galegas 2024 con versos destilados de poemas da homenaxeada: Luísa Villalta. -Música: Víctor Castro. -Aula de Educación Musical. -PDI 2023/2024: "Pídecho o corpo - Healthy lifestyle". -O recuncho de Tambo. -CEIP Plurilingüe do Carballal (Marín).


ESTACIÓN - SANDRA TENREIRO

cantora, compositora e profesora no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, pon música a " Estación " de Luisa Villalta. Un traballo que será utilizado para dinamizar lectura na Biblioteca do centro a través da Aula de Música do instituto)


RETO TORRE - MANOELE DE FELISA

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Música para un Nadal en Galego

NADAL RAP 1º ESO

MÚSICA NO SAMAÍN