A BANDA DA LOBA - O CORA
o 16 d exaneiro sae este novo tema das nosas cantoras preferidas A Banda da Loba Pego da súa canle de youtube a descrición e a letra: ""O cora" é unha canción creada para a peza documental "A rebelión da lectura", que versa sobre a historia de Espazo Lectura, unha asociación ubicada en Gondomar que traballa polo fomento e a animación á lectura en lingua galega e que fai un traballo de dinamización realmente incrible e único en Galiza. Convidámosvos a coñecela máis de preto, non perdades o documental. Para nós, que sabedes somos grandes amantes da nosa literatura, foi un verdadeiro goce crear esta historia do revés ;) Letra e música: A banda da Loba Gravación e masterización: Arturo Vaquero Produción: A banda da Loba e Arturo Vaquero Letra: Era unha vez unha historia do revés. Era unha vez unha historia con mil pés. O bote salvavidas, a illa á que chegar, a máquina dun tempo sen final. A lectura é rebelión: alí onde se atopan a razón e o corazón. Era unha v...