Nesta publicación do novo blog de música do IES Lagoa de Antela deixamos as recomendacións de música do curso 2022-2023. A partir de agora a música deixará de ser unha páxina do blog de dinamización para se converter nun blog en si, xa que é máis doado para facer publicacións. Gozade coa nosa música. 20/6/2023 Achégase a noite de San Xohán e son moitos os ritos ligados a esta noite, todos eles purificadores e moitos contra o mal de ollo. Por iso deixo para todos vós este tema da Banda da Loba que leva por título " Cobiza ". Nesta liña tamén temos o tema de " Figa " das nosas Tanxugueiras Unha aposta máis lúdica e infantil a de Uxía Lambona e a Banda Molona . 23/02/2023 Para escoitar no canto de ler os versos de Rosalía unha escolma de máis de 50 temas de diferentes artistas que se inspiran na nosa escritora para facer a súa música. Disfrutade deste día de rosalía. 16/02/2023 MÚSICA PARA ADOLESCENTES Entramos na fin de semana grande do Entroido na comarca da Limi
Comentarios
Publicar un comentario