NOVO FOLK GALEGO

"Mondra representa como ninguén a nova xeración de creadores que está a revolucionar a escena folclórica da Galiza". Con estas palabras presenta esta emerxente banda o seu último sinxelo, Ruando, que serve de adianto do seu primeiro disco, cuxa publicación está prevista para o vindeiro 22 de setembro. Ruando conta coa voz dunha das Tanxugueiras, Aida Tarrío, así como coa colaboración do músico Berto. Mondra é artista, cantareiro e bailador. Con ARDĒN, o seu primeiro traballo, presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega. Texto tomado de Nos Diario (1 de setmbro de 2023)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NADAL RAP 1º ESO

MÚSICA NO SAMAÍN

Música para un Nadal en Galego